Roteiros por Santa Comba
La ruta del wolfram
Ruta circular no entorno de San Salvador, o monte Varilongo e a súa Mina.
A concentración para a saida realizase no entorno da Igrexa Parroquial e a praza onde hai zona de aparcamento, de espacemento e deportiva.
Iniciase a ruta adentrándose entre as casas, deixando a pista deportiva a man esquerda, circulando durante uns 300 m por pista asfaltada entre as casas.
Ao chegar a unha casa con muro de formigón a esquerda da marcha, xiramos á dereita entre as casas, rodeando unha de pedra restaurada, que nos queda á man esquerda. Despois desa casa xa chega o camiño de terra, primeiro costa abaixo en dirección a un lavadero (quedará á esquerda no sentido da marcha), e logo comezamos unha ascensión por camiño en aceptable estado.
Cando se chega á intersección, a marcha continuará de frente nunha pequena baixada ata un cruce ( zona con formigón ao aire). Ahí colleremos á esquerda para iniciar a ascensión por un cortalumes zizagueante, duns 700 metros, ata chegar a outra intersección que enlaza cun gran cortalumes á man dereita. Ascendemos de maneira contante por ese camiño (durante uns 800 m), ata unha interesección, onde a marcha continuará DE FRENTE, ata coronar o alto da Mina.
Nese lugar, disfrutaremos de magníficas vistas, sobre todo cara a nosa dereita, vendo todo o enclave mineiro.
Mina de wolframio descuberta no 1941, a 8 km de Santa Comba. Tivo unha importancia vital para industria armamentística nazi. O volframio extraído serviu para o pago da débeda contraída con Alemaña na Guerra Civil Española.
ANÉCDOTA: No ano 1983 un grupo de mineiros decidiu encerrarse na mina con explosivos como medida de reivindicación, e para tal fin mantiveron retido a todo o equipo directivo. Finalmente conseguiron o seu obxectivo: melloras salariais.
Inciarase un descenso por un camiño pedregoso, sempre coa mina á nosa dereita, ata chegar á pista que leva ao lugar de Varilongo. Nesa intersección, a ruta xira á dereita e, logo duns 150 metros de asfalto chegarase a unha pequena explanada á esquerda ( a dereita hai un acceso a pé para o recinto da mina).
Nesa explanada pode producirse un reagupamento, para xuntar aos camiñantes, e poder acceder, CON MOITA PRECAUCIÓN, por un camiño á esquerda en baixada ata á boca dunha galería. A estra é estreita, accesible de un en un, e pola galería pódense avanzar uns 80 metros ata unha zona na que se veo ceo por unha fenda na montaña. NON SE RECOMENDA ADENTRARSE MÁIS.
Sairemos pola mesma entrada, ata a explanada, e ahí colleremos o camiño polo que chegamos, agora á dereita. Na inersección xiramos á esquerda e agora subimos, coa mina á nosa esquerda. uns 150 metros despois de pasar polas torres de vixilancia (á esquerda), seguimos recto ata a intersección.
NESE PUNTO INÍCIASE A BAIXADA Á ESQUERDA CARA SAN SALVADO. A primeira parte da baixada ten certa dificultade, polas pedras e o desnivel. hai unha zona intermendia, con menos pedra e desnivel, e unha vez superada, volmen as pedras durante un tramo duns 100 metros.
A partir de ahí camiño cómodo en baixada e chan, ata San Salvador, seguindo á esquerda nunha intersección que nos encontraremos (Cun Portalón de madeira á dereita).
Desde ahi, 200 metros ata a estrada da mina, xa en San Salvador, na que xiraremos á dereita ata a igrexa parroquial.
Na zona tamén se atopa algún lugar para tomar un refrixerio.