Santa Comba, ao tu servicio
Pazo de Santiso / Casa do Pozo
Construción do Século XIX. Os seus fundadores foron Dona Josefa Bermúdez de Leis e o seu home Don Manuel María Cancela Turnes.
Os donos ata o ano 2004 era a familia Santiso que o cedeu ao Concello de Santa Comba.
É unha construción pacega de planta rectangular situada nunha leira que estaba cercada por un muro, parte do cal se perdeu polo crecemento urbano.
Nel sitúase actualmente o Museo Terra do Xallas, no que se recollen diferentes obxectos e obras de arte da zona.
Este pazo está composto por dous andares: o primeiro andar está dividido en varios espazos, unha reprodución dunha casa de labranza típica galega, un espazo dedicado á antiga igrexa de Santa Comba, e un salón para eventos ou actos.
No segundo andar atópase unha exposición de fotografías da transformación de Santa Comba ao longo dos anos, con aspectos relacionados coa música, deporte, emigración, economía, a mina de Varilongo, etc.
Actualmente restaurado.