Fontes milagreiras

Fonte de Santo Adrián

Fonte de Santo Adrián

A fonte, de pedra e de estilo barroco, atribúenselle propiedades curativas para os problemas de pel.

A fonte, de pedra e de estilo barroco, ten unha fornela coa figura de Santo Adrián, que substitúe a unha anterior que rompera. O seu aspecto viuse algo modificado recentemente, xa que comentan os veciños que tiña pedras a ambos lados para lavadoiro, que hoxe non ten, e tamén se lle colocaron lousas de pedras no chan. Na dereita tamén se atopa un pombal de pedra, propiedade do antigo pazo de Freixeiro (actualmente coñecido como “a casa de Ana María”).

Ocasionalmente os veciños collen auga dela para beber e tamén é moi utilizada o día da festa. A auga sae con forza intensa por dous canos. Non se encontra conectada hidraulicamente a un sistema de abastecemento de consumo público. Non presenta ningún olor nin color destacable. Atribúenselle propiedades curativas para os problemas de pel.