O patrimonio de Santa Comba
Iglesia parroquial de San Martiño de Fontecada
Templo do século XVIII, de estilo barroco. Esta igrexa foi trasladada desde o lugar coñecido como O Saltadoiro. Posúe un reloxo de sol, e a imaxe do cabalo coa que conta data de 1767.
A igrexa, de esquema pentagonal e cunha soa nave, ten capela maior rectangular e sancristía no muro norte. A nave cóbrese con bóveda de canón de formigón reforzada por arcos faixóns. Aos pés atópase unha tribuna, do mesmo material, con un acceso a través dunha escaleira en forma de “L” apegada ao muro. Un arco triunfal de medio punto separa a nave do presbiterio. No interior posúe dous retablos, un dos cales está presidido pola imaxe de San Martiño na capela maior.
A fachada non responde á traza habitual na zona ao existir un afán de verticalidade e lixeireza que resalta o pano central, compositivamente, en altura, e lixeiramente adiantada respecto ós panos laterais. A porta de luz vertical complétase con molduras en resalte e cunha pequena placa que serve de base á fornela que acubilla a imaxe do santo titular. Unha espadana de airosa traza formada por balaustrada e dous arco de medio punto culmina o remate. Completa toda esta ornamentación un cúmulo de pináculos con bóla, cornixas e molduras.