O patrimonio de Santa Comba

Imagen de Santa Comba

Imagen de Santa Comba

En 1996 o goberno municipal do momento decidiu construír una rotonda para regular o tráfico que estaría presidida pola imaxe da popular “Santa”, chamada Comba

Santa Comba permaneceu no esquecemento absoluto dos seus habitantes ata que en 1996 o goberno municipal do momento decidiu construír una rotonda para regular o tráfico que estaría presidida pola imaxe da popular “Santa”, chamada Comba, e da cal non existindo ningún precedentes físicos, había que poñerlle trazos e características.

Para facelo especialistas en arte popular galega de todo tipo de esculpido, e outros máis artistas repartidos por varios países, xuntáronse na praza central do municipio e seguindo as indicacións recibidas dende o concello, inspiráronse nos estudos realizados polos prestixiosos investigadores Allyson M. Poska e Jesús Callejo. Así naceu unha imaxe realizada en granito de catro metros de altura (dous metros de pedestal e outros dous da propia imaxe). Na súa elaboración tentouse destacar o punto de vista relixioso, cuns trazos faciais da beleza típica das virxes, así como símbolos propiamente cristiáns como a palmeira e a pomba. Hoxe en día a súa estatua preside a entrada á vila, que loce maxestosa e orgullosa.

O nome da Santa Comba é a galeguización de Santa Columba, francesa que morreu no século II, e da que case non se sabe nada, a menos que fose meiga. A veneración a Santa está datada na Idade Media. ”Santa Comba foi no seu día unha temible meiga, das chuchonas ou xuxonas, desas que chupaban o sangue aos nenos e nenas e lles roubaban os ollos para facer pomadas, mataban vellos e botaban algún que outro mal de ollo. Dise dela que no seus anos mozos, como bruxa que era, participaba en pandemonios, dábase a bebida e abandonábase ao fornicio más desenfreado nas noites de San Xoán e San Silvestre, ata que un dia sen máis, nun camiño galego encóntrase cunha aparición divina, arrepíntese dos seus actos, abandoa esas malas prácticas, exercita a penitencia e transformase, hoxe está considerada a santa popular das meigas, non recoñecida pola igrexa católica, invocada para protexer dos demos”.

Esta é a lenda da santa que dá nome á localidade, sobre unha zona axardinada que enlaza as estradas máis importantes da comarca e que, como Neptuno ou a Cibeles, é lugar de celebracións dos éxitos deportivos de clubs locais.