O patrimonio de Santa Comba
O patrimonio de Santa Comba
Capela de Rubín
Capela relacionada cos cultos primitivos ao poder curativo da auga.
Ermida de San Bartolomeu
Ermida da época baixomedieval (séculos XIII-XIV) que se atopa no alto dun monte que se ergue case cen metros sobre a súa contorna.
Muiños de Castriz
Conxunto de cinco muíños que se atopan na área recreativa de Castriz, onde tamén se atopa a fervenza que forma o río Xallas neste mesmo lugar.
Pazo de Santiso / Casa do Pozo
Nel sitúase actualmente o Museo Terra do Xallas, no que se recollen diferentes obxectos e obras de arte da zona.
Fonte de Rubín
A fonte é de pedra cun estilo barroco. Atribúenselle propiedades milagreiras á súa auga, que cura todas as enfermidades.
Presa de a Xesteira
O nome faille xustiza á zona na que se sitúa, na que son realmente abundantes as xestas. Pódese camiñar por un extenso tramo á beira do río.
Muiño de Freixeiro
Este muíño, rehabilitado recentemente, é utilizado aínda polos veciños. De propiedade comunal.
Igrexa parroquial de San Andrés de A pereira
Os templos de plano central son pouco habituais na zona, de aí que esta igrexa teña certa singularidade.
Mina de Varilongo
Mina de volframio descuberta no 1941, a 8 km de Santa Comba. Tivo unha importancia vital para industria armamentística nazi
Igrexa parroquial de San Vicente de Arantón
Igrexa construída entre os séculos XVIII e XIX e de estilo barroco.
Capela de Nosa Señora dos Milagres
Feita en formigón, foi levantada en 1.913 substituíndo a unha anterior localizada na Praza do Concello, na actualidade desaparecida.
Igrexa de San Pedro de Santa Comba
Inaugurada en 1966, foi obra do famoso arquitecto Andrés Fernández Albalac.
Capela de Santo Outelo de Sabaceda
Trátase dunha pequena capela familiar privada dunha soa nave cunha ábsida rectangular de maior altura e un volume pegado a un lado da cabeceira.
Igrexa parroquial de San Mamede de Bazar
Igrexa do século XVIII de estilo barroco. Posúe un grande interese antropolóxico, xa que o cemiterio convive en perfecta simbiose coa parroquia dos vivos.
Igrexa parroquial de Santa María de Alón
Igrexa do século XVIII (1773-1782), de estilo barroco, construída polo arquitecto Manuel Varela.
San Pedro de Xallas de Castriz
Templo do século XVIII, de estilo barroco. Este conxunto relixioso atópase formado polo templo, o cemiterio e o adro.
Castro Boaña
Igrexa parroquial de Grixoa de Esternande
Templo do século XIX. A súa planta é de forma rectangular, dunha enorme simplicidade.
Igrexa parroquial de San Fiz de Freixeiro
Templo dos séculos XII-XIII, de estilo románico. Nos seus capiteis aparecen follas de acanto e animais.
Igrexa parroquial de San Martiño de Fontecada
Templo do século XVIII, de estilo barroco. Esta igrexa foi trasladada desde o lugar coñecido como O Saltadoiro. Posúe un reloxo de sol.
Capela da Virxe da Merced de Vilar Grixoa
Igrexa parroquial de San Cristivo de Mallón
Templo dos séculos XIII e XIX, de estilo románico.
Igrexa parroquial de San Xoan de Grixoa
Igrexa do século XVIII, de estilo barroco. Amosa unha soa nave dividida en tres tramos, cuberta con bóveda de canón.
Igrexa de San Salvador de Padreiro
Atopámonos fronte a unha igrexa de recente creación, xa que se rematou de construír en 1952.
Igrexa parroquial de Santa María de Montouto
Igrexa dos séculos XIX e XX (reconstruída entre 1949-1950), de estilo ecléctico.
Igrexa parroquial de San Pedro de Ser
Igrexa do século XVIII, de estilo barroco. O conxunto sitúase, como é habitual, na encrucillada de camiños da parroquia, separado dela polo muro do adro.
Imaxe de Santa Comba
En 1996 o goberno municipal do momento decidiu construír una rotonda para regular o tráfico que estaría presidida pola imaxe da popular “Santa”, chamada Comba
Igrexa parroquial de San Xulián de Santa Sabiña
Templo do século XVIII, de estilo barroco. Conta con dous acroterios con forma de anxos conectan esta arquitectura co quefacer dos canteiros locais.
Igrexa parroquial de Santa María de Vilamaior
Igrexa do século XVIII, de estilo barroco.
Fonte da Nosa Señora de Vilamaior
Cada ano atrae a multitude de devotos para a cura de todo tipo de enfermidades, pero especialmente da pel, como as verrugas.
Igrexa parroquial de San Pedro de Cícere
Templo do século XVIII de estilo barroco que foi reconstruído no primeiro terzo do século XVIII á expensas do bispo de Tarazona, García de Pardiñas.
Fonte de Nosa Señora do Carme
A auga sae por debaixo dunha rocha con forma esférica en forma de dous regatos. Á auga desa fonte atribúenselle efectos milagreiros.
Fonte de Santa Margarita
Fonte de Santo Adrián
A fonte, de pedra e de estilo barroco, atribúenselle propiedades curativas para os problemas de pel.