O patrimonio de Santa Comba

Fonte de Rubín

Fonte de Rubín

A fonte é de pedra cun estilo barroco. Atribúenselle propiedades milagreiras á súa auga, que cura todas as enfermidades.

A fonte atópase no lugar de Rubín, na parroquia de San Pedro de Cícere, nun prado ao pé da capela de Rubín e bañado polo río García. Accédese por un camiño cementado recentemente que baixa dende a capela ata o río e a fonte. Xunto a ela atópase un pequeno palco de música feito en 1931.

A fonte é de pedra cun estilo barroco. Posúe dous canos que verten a auga nunha pía, e unha pequena cruz de pedra no cumio. Consta dunha imaxe pétrea de San Miguel acubillada nunha fornela central, e no frontal ábrese un pequeno van cunha porta de ferro, que dá acceso ao interior da fonte.

Atribúenselle propiedades milagreiras á súa auga, que cura todas as enfermidades. Tamén é coñecida como a fonte “do demo de Rubín”, coñecida por “sacar o aire”, especialmente aos nenos. Este “remedio” usábase sobre todo con nenos que sufriron unha forte impresión.

Para iso bañábanse na pila da fonte; despois adoitábase abandonar a roupa do neno arredor da fonte para deixar o “mal”.