Capela de Santo Outelo de Sabaceda

Capela de Santo Outelo de Sabaceda

Trátase dunha pequena capela familiar privada dunha soa nave cunha ábsida rectangular de maior altura e un volume pegado a un lado da cabeceira.

Non hai datos exactos sobre a súa fundación nin cronoloxía. Trátase dunha pequena capela dunha soa nave cunha ábsida rectangular de maior altura e un volume pegado a un lado da cabeceira. A cuberta hoxe en día é de uralita.

Esta ermida e o seu campo anexo son propiedade dunha familia do lugar de Sabaceda. Os propietarios acceden a abrila unha vez ao ano, con motivo da festa de San Eleuterio ou Eutelo que se celebra o 29 de maio Durante esta celebración realízase un oficio relixioso, unha procesión e a veneración da imaxe do santo, que permanece no domicilio dos propietarios o resto do ano.