O patrimonio de Santa Comba

Igrexa parroquial de San Pedro de Ser

Igrexa parroquial de San Pedro de Ser

Igrexa do século XVIII, de estilo barroco. O conxunto sitúase, como é habitual, na encrucillada de camiños da parroquia, separado dela polo muro do adro.

Igrexa do século XVIII, de estilo barroco. Ten unha planta de salón formada por unha soa nave, capela maior rectangular e sancristía apegada no lado do evanxeo. O presbiterio está cuberto con bóveda de canón sobre arcos faixóns. Posúe dous accesos: un central (ao oeste) e outro lateral no muro norte, derivados dos antigos usos litúrxicos. Presenta un coro alto aos pés ao que se accede por unha escaleira de caracol. O conxunto cóbrese con tellado a dúas augas na nave central e a tres na sancristía. No interior atópase unha pequena ventá con esquinas biseladas, para dar luz ao interior do templo.

A fachada pentagonal conta cunha gran porta alintelada, remarcada por grosas molduras de inspiración popular. É manifesta a ausencia de calquera outro tipo de ornamentación, ao igual que no resto da fachada. Actuando como eixo de simetría vertical aparece un campanario de raíz compostelá que se organiza en dous corpos; o primeiro acubilla as campás, e o segundo a cúpula e os pináculos. O conxunto sitúase, como é habitual, na encrucillada de camiños da parroquia, separado dela polo muro do adro.