O patrimonio de Santa Comba

Muiños de Castriz

Muiños de Castriz

Conxunto de cinco muíños que se atopan na área recreativa de Castriz, onde tamén se atopa a fervenza que forma o río Xallas neste mesmo lugar.

Conxunto de cinco muíños que se atopan na área recreativa de Castriz, onde tamén se atopa a fervenza que forma o río Xallas neste mesmo lugar. Estes muíños foron rehabilitados no 2017, poñendo en funcionamento algún deles e identificando a cada un co nome que lle deron os veciños durante décadas (“O Rosete”, “Muíño do FC Ameixeiras” ou “O do Guicho”), recuperando tamén as súas canles e fontes.

Son muiños de rodicio que empregaban a forza da auga para mover as moas e producir fariña.

Entre eles destaca un de forma rectangular, de pequenas dimensións, ao contar cunha soa moa. Os muros son de cachotería nos que só se abre a porta de acceso e, por suposto, a abertura do inferno, por onde sae a auga que se deixa caer dende a canle.