O patrimonio de Santa Comba

Ermita de San Bartolomé

Ermita de San Bartolomé

Ermida da época baixomedieval (séculos XIII-XIV) que se atopa no alto dun monte que se ergue case cen metros sobre a súa contorna.

Ermida da época baixomedieval (séculos XIII-XIV) que se atopa no alto dun monte que se ergue case cen metros sobre a súa contorna.

Foi construída sobre os restos dun castro ou doutro tipo de asentamento similar. No seu entorno hai un gran penedo que dá a un muro de pedra natural de dez metros de caída.

Presenta dous volumes: un máis antigo, do século XIII ou XIV que se correspondía co presbiterio, e outro moito máis recente feito en bloques de cantería que se correspondería coa nave principal.

Ten un retablo pétreo de estilo barroco con columnas salomónicas. En 1987 púxoselle o tellado e botóuselle unha placa de formigón e tella do país no seu exterior. Tamén se lle colocou no interior un falso teito de madeira, rebaixouse o chan, púxoselle pedra e encintáronse as paredes.

En 1999 colocáronse nas inmediacións tres esculturas de gran tamaño feitas en pedra, copias das imaxes que se acubillan no retablo da capela: a virxe, Santo Antón e San Bartolomeu, que foron doados á parroquia por Dona Carme Duarte Negreira, quen tamén doou a mesa de mármore que hai no interior da capela.