Mapa de Santa Comba
Capela de Santo Outelo de Sabaceda
Trátase dunha pequena capela familiar privada dunha soa nave cunha ábsida rectangular de maior altura e un volume pegado a un lado da cabeceira.
Non hai datos exactos sobre a súa fundación nin cronoloxía. Trátase dunha pequena capela dunha soa nave cunha ábsida rectangular de maior altura e un volume pegado a un lado da cabeceira. A cuberta hoxe en día é de uralita.
Esta ermida e o seu campo anexo son propiedade dunha familia do lugar de Sabaceda. Os propietarios acceden a abrila unha vez ao ano, con motivo da festa de San Eleuterio ou Eutelo que se celebra o 29 de maio Durante esta celebración realízase un oficio relixioso, unha procesión e a veneración da imaxe do santo, que permanece no domicilio dos propietarios o resto do ano.
Fervenza de Castriz e área recreativa
Trátase dunha fervenza duns oito metros que cae en varios saltos, que dispón dunha área recreativa nas súas inmediacións.
Praia fluvial de Esmorode
Esta área recreativa conta con diversas instalacións, como merendeiros, fontes e grellas á sombra das árbores.
Ermida de San Bartolomeu
Ermida da época baixomedieval (séculos XIII-XIV) que se atopa no alto dun monte que se ergue case cen metros sobre a súa contorna.
Capela de Rubín
Capela relacionada cos cultos primitivos ao poder curativo da auga.
Presa de a Xesteira
O nome faille xustiza á zona na que se sitúa, na que son realmente abundantes as xestas. Pódese camiñar por un extenso tramo á beira do río.
Pazo de Santiso / Casa do Pozo
Nel sitúase actualmente o Museo Terra do Xallas, no que se recollen diferentes obxectos e obras de arte da zona.
Mina de Varilongo
Mina de volframio descuberta no 1941, a 8 km de Santa Comba. Tivo unha importancia vital para industria armamentística nazi
San Pedro de Xallas de Castriz
Templo do século XVIII, de estilo barroco. Este conxunto relixioso atópase formado polo templo, o cemiterio e o adro.
Capela de Nosa Señora dos Milagres
Feita en formigón, foi levantada en 1.913 substituíndo a unha anterior localizada na Praza do Concello, na actualidade desaparecida.
Fonte da Nosa Señora de Vilamaior
Cada ano atrae a multitude de devotos para a cura de todo tipo de enfermidades, pero especialmente da pel, como as verrugas.
Fonte de Rubín
A fonte é de pedra cun estilo barroco. Atribúenselle propiedades milagreiras á súa auga, que cura todas as enfermidades.
Fontes do Xallas - Fervenza de Castriz
Esta andaina une de maneira lineal dous puntos de gran interese paisaxístico e natural da zona máis ó norte e montañosa do Concello de Santa Comba.
Igrexa de San Pedro de Santa Comba
Inaugurada en 1966, foi obra do famoso arquitecto Andrés Fernández Albalac.
Igrexa de San Salvador de Padreiro
Atopámonos fronte a unha igrexa de recente creación, xa que se rematou de construír en 1952.
Igrexa parroquial de Grixoa de Esternande
Templo do século XIX. A súa planta é de forma rectangular, dunha enorme simplicidade.
Igrexa parroquial de San Andrés de A pereira
Os templos de plano central son pouco habituais na zona, de aí que esta igrexa teña certa singularidade.
Igrexa parroquial de San Cristivo de Mallón
Templo dos séculos XIII e XIX, de estilo románico.
Igrexa parroquial de San Fiz de Freixeiro
Templo dos séculos XII-XIII, de estilo románico. Nos seus capiteis aparecen follas de acanto e animais.
Igrexa parroquial de San Mamede de Bazar
Igrexa do século XVIII de estilo barroco. Posúe un grande interese antropolóxico, xa que o cemiterio convive en perfecta simbiose coa parroquia dos vivos.
Igrexa parroquial de San Martiño de Fontecada
Templo do século XVIII, de estilo barroco. Esta igrexa foi trasladada desde o lugar coñecido como O Saltadoiro. Posúe un reloxo de sol.
Igrexa parroquial de San Pedro de Cícere
Templo do século XVIII de estilo barroco que foi reconstruído no primeiro terzo do século XVIII á expensas do bispo de Tarazona, García de Pardiñas.
Igrexa parroquial de San Pedro de Ser
Igrexa do século XVIII, de estilo barroco. O conxunto sitúase, como é habitual, na encrucillada de camiños da parroquia, separado dela polo muro do adro.
Igrexa parroquial de San Vicente de Arantón
Igrexa construída entre os séculos XVIII e XIX e de estilo barroco.
Capela de Santo Outelo de Sabaceda
Trátase dunha pequena capela familiar privada dunha soa nave cunha ábsida rectangular de maior altura e un volume pegado a un lado da cabeceira.
Igrexa parroquial de San Xulián de Santa Sabiña
Templo do século XVIII, de estilo barroco. Conta con dous acroterios con forma de anxos conectan esta arquitectura co quefacer dos canteiros locais.
Igrexa parroquial de Santa María de Alón
Igrexa do século XVIII (1773-1782), de estilo barroco, construída polo arquitecto Manuel Varela.
Igrexa parroquial de Santa María de Montouto
Igrexa dos séculos XIX e XX (reconstruída entre 1949-1950), de estilo ecléctico.
Igrexa parroquial de Santa María de Vilamaior
Igrexa do século XVIII, de estilo barroco.
Imaxe de Santa Comba
En 1996 o goberno municipal do momento decidiu construír una rotonda para regular o tráfico que estaría presidida pola imaxe da popular “Santa”, chamada Comba
Miradoiro de San Bartolomeu
Miradoiro no que se ergue unha ermida da época baixomedieval, construída baixo os restos dun castro. Atópase no entorno onde se pode observar a comarca.
Muiño de Freixeiro
Este muíño, rehabilitado recentemente, é utilizado aínda polos veciños. De propiedade comunal.
Igrexa parroquial de San Xoan de Grixoa
Igrexa do século XVIII, de estilo barroco. Amosa unha soa nave dividida en tres tramos, cuberta con bóveda de canón.
Capela da Virxe da Merced de Vilar Grixoa
Andaina San Bartolomeu, vista ao infinito
Un paseo onde poderemos desfrutar de vistas de Santa Comba en toda a súa extensión
A Xesteira, a maxia escondida
Esta zona é única na comarca, un sendeiro máxico rodeados de ábores, moitos deles autóctonos
A ruta do wolfram
Un percorrido por lugares que tiveron unha importancia vital para industria armamentística nazi.
Castro Boaña
Ruta da praia fluvial de Esmorode
un pequeno sendeiro que avanza de par do río, fácil de camiñar e con pequenas pontes, que nos permiten superar pequenos regatos.
Fonte de Nosa Señora do Carme
A auga sae por debaixo dunha rocha con forma esférica en forma de dous regatos. Á auga desa fonte atribúenselle efectos milagreiros.
Fonte de Santa Margarita
Fonte de Santo Adrián
A fonte, de pedra e de estilo barroco, atribúenselle propiedades curativas para os problemas de pel.