Mapa de Santa Comba

Muiño de Freixeiro

Muiño de Freixeiro

Este muíño, rehabilitado recentemente, é utilizado aínda polos veciños. De propiedade comunal.

Un muíño de propiedade comunal, que se resolve nunha construción moi elemental ao presentar unha planta rectangular, cunha soa moa e porta de acceso nun dos seus lados maiores. Os muros de carga son de cachotería que se reforzan con cantería nos seus esquinais. A cubrición faise a unha soa auga, con tella do país.

Este muíño, rehabilitado recentemente, é utilizado aínda polos veciños.