Mapa de Santa Comba

Igrexa de San Pedro de Santa Comba

Igrexa de San Pedro de Santa Comba

Inaugurada en 1966, foi obra do famoso arquitecto Andrés Fernández Albalac.

Inaugurada en 1966, foi obra do famoso arquitecto Andrés Fernández Albalac. Trátase dunha igrexa de planta de salón, cunha soa nave que se abre dende os pés á cabeceira, focalizando a visión no altar, situado nunha pequena ábsida semicircular.


Ten amplos ventanais nos laterais para dirixila iluminación cara ó altar maior, con vidreiras realizadas en 1997 (momento no que se realiza reformas no edificio) por Manuel Rodríguez Fernández, asesorado polo arquitecto Javier Alonso. Nestas vidreiras represéntanse os sete Sacramentos.


A fachada organízase cun frontón feito de fiadas de pedra, apoiado sobre catro pilastras. Sobresae unha repisa co conxunto escultórico da Sagrada Familia, obra do escultor local Marcos López. Accédese á igrexa mediante unha escalinata que salva o denivel entre o edificio e a rúa. Pegado nun lateral érguese un campanario, formado por un elevado corpo compacto con dous vans na parte superior