Mapa de Santa Comba

Igrexa parroquial de San Xulián de Santa Sabiña

Igrexa parroquial de San Xulián de Santa Sabiña

Templo do século XVIII, de estilo barroco. Conta con dous acroterios con forma de anxos conectan esta arquitectura co quefacer dos canteiros locais.

Templo do século XVIII, de estilo barroco. Conta con planta de salón e unha soa nave. Posúe unha capela maior rectangular cuberta con tellado a dúas augas sobre unha estrutura de madeira. No interior, a nave está cuberta con bóveda de canón de morteiro de cemento. No muro norte ábrese a sancristía, apegada á capela maior e con comunicación directa co presbiterio. Apegada ao muro sur aparece outra capela rectangular con tellado a dúas augas e construída con aparello de cantería.

A fachada posúe un campanario destacado en planta sobre o eixo vertical da fachada. De planta cadrada, forma un nártice sobre o acceso principal, acubillando a porta de ingreso. Sobre o arco rebaixado que forma este pórtico exhíbese unha fornela formada por un arco de medio punto cunha vieira, decorado con volutas rampantes. Sobre ela, un óculo de pequenas dimensións marca a transición cara o campanario. Este está formado por un primeiro corpo aberto nas súas catro frontes mediante arcos de medio punto que soportan un segundo corpo prismático, aberto tamén polos seus catro lados a modo de tambor sobre o que se dispón a cúpula. Dous acroterios con forma de anxos conectan esta arquitectura co quefacer dos canteiros locais.