Mapa de Santa Comba
Fervenza de Castriz e área recreativa
Este salto de auga atópase na parroquia de Castriz, onde o río Mira, despois de un percorrido de 8km desde a aldea de Abelenda (Erbecedo-Coristanco), e tras recoller os derrames da lagoa de Alcaián, se precipita bruscamente ao Xallas.
Trátase dunha fervenza duns oito metros que cae en varios saltos, que dispón dunha área recreativa nas súas inmediacións. Dita área recreativa conta con unha pasarela de madeira que mellora o acceso á fervenza, así como bancos, papeleiras, mesas, grellas e miradoiros, ademais de contar con un panel informativo.
Rehabilitáronse cinco muíños de auga, poñendo en funcionamento algún deles, e identificando cada un co nome que lle deron os veciños durante décadas (“O Rosete”, “Muíño do FC Ameixeiras” ou “O do Guicho”), recuperando tamén as súas canles e fontes.