Mapa de Santa Comba

Caminata San Bartolomeu, vista al infinito

Caminata San Bartolomeu, vista al infinito

Un paseo onde poderemos desfrutar de vistas de Santa Comba en toda a súa extensión

Esta ruta transcurre pola parroquia xalleira de Santa Sabiña, saíndo desde enfronte á súa igrexa parroquial. Nos primeiros kilometros descubriremos os muiños fluviais de Guldrís, agrupados en 4 muiños, cunha pequena área de descanso, para, achegarse aproximadamente un kilometro despois, xa camiño do Busto, ata outro muiño, que tivo vixencia ata fai pouco tempo.

Logo de atravesar o lugar do Busto, dirixímonos cara o monte de San Bartolomenu, que iremos rodeando, deixandoo á man dereita, ata subir ata o emblemático lugar.

En San Bartolomeu atópase un Castro (no escavado), e unha pequena ermida adicada ao apostolo que da nome á zona A ermida presenta dous volumes, un máis antigo do século XIII ou XIV, que se correspondía co prebisterio e outro, moito máis recente, feito en bloques de cantaría que se correspondería coa nave principal.

Merece especial atención o retablo pétreo de estilo barroco con columnas salomónicas que hai no seu interior. No ano 1999 colocáronse nas inmediacións tres esculturas de gran tamaño feitas en pedra, copias das imaxes que se acubillan no retablo da capela, a virxe, Santo Antón e San Bartolomeu.

Outra das singularidades do lugar, son as súas vistas, onde se pode ver nos catro puntos cardinais, tanto as terras do Xallas e de Soneira, como, si aguzamos a vista cara o oeste, incluso o mar de Laxe. Estas vistas únicas na comarca son dignas de ser descubertas... e disfrutadas.
Rodeando a ermida, encontrarémonos cun camiño de baixada ( pronunciada e de herba), que se emprega o domingo seguinte da festa do Santo (o 24 de Agosto), para baixar a San Bartolomeu para a Igrexa parroquial de San Xulián.

Ao chegar á pista de novo, xirarémos cara a esquerda para volver a subir uns 200 metros, e encontrarnos cunha pista á dereita, que nos levará a rodear o monte que alberga o parque eólico, a través de camiños en bo estado, que non ascenden ata o cumio do parque, senón que logo dunha suave subida, xa se inicia o descenso cara Santa Sabiña, pasando polo seu campo de fútbol (quedaranos á man esquerda), ata chegar á zona onde iniciamos a ruta, diante da Igrexa Parroquial de San Xulián de Santa Sabiña.