Mapa de Santa Comba

Iglesia parroquial de San Fiz de Freixeiro

Iglesia parroquial de San Fiz de Freixeiro

Templo dos séculos XII-XIII, de estilo románico. Nos seus capiteis aparecen follas de acanto e animais.

Templo dos séculos XII-XIII, de estilo románico. Ten planta de salón, cunha soa nave e unha capela maior rectangular, cuberta con bóveda de canón reforzada cun arco faixón. Un arco de medio punto volteado sobre columnas apegadas comunica directamente coa nave. Nos seus capiteis aparecen follas de acanto e animais.

A nave principal divídese en tres tramos, aos que posteriormente se lle engadiu unha nave lateral mediante arcos de medio punto escavados no muro de cerramento. Esta nova nave tamén se articula en tres tramos, aínda que a diferencia da central ten bóvedas de aresta na súa cuberta. Dous rosetóns contribúen á iluminación interior do templo: un na capela maior e o outro na nave central. A decoración exterior complétase cos canzorros que sosteñen o beiril da ábsida. Unindo aos contrafortes exteriores aparecen arcos de medio punto cegos que modulan o espazo.

A fachada, de época neoclásica, ten o seu remate nun frontón triangular sostido por un entaboado sobre pilastras que percorren verticalmente toda a fachada. Un óculo, un escudo e dous pináculos completan a ornamentación. Mestres locais interpretaron, en forxa, a arquitectura culta dos campanarios ao engadir sobre unha base cadrada o corpo das campás.