Mapa de Santa Comba
Playa fluvial de Esmorode
Esta ribeira do río Xallas no lugar de Esmorode foi acondicionada como parque público fluvial en 1994. Esta área recreativa conta con diversas instalacións, como merendeiros, fontes e grellas á sombra das árbores.
Ademais de área recreativa tamén exerce de couto pesqueiro, que inclúe tanto o río Xallas como o seu afluente Abuín. Como a maioría dos coutos da comarca, atopámonos ante un río de terra cha que circula por un ámbito de relevo ondulado e sen grandes contrastes. O seu entorno é un terreo fértil de grandes explotacións gandeiras coas súas praderías, onde predomina a vexetación autóctona en forma de carballeira.
Unha das características que diferencian este río é a presenza dunha abondosa vexetación acuática (especialmente brizo, Oenanthe crocata) que serve de asento a una abondosa fauna que sostén unas amplas poboacións de troitas e as omnipresentes bogas. Este tramo de río é coadministrado pola sociedade de pesca de Santa Comba e a Consellería de Medio Rural.
É un couto de recente creación (2005) e do que aínda non se aproveitaron todas as súas posibilidades. O seu límite superior é a presa da Xesteira, e o límite inferior é a ponte de Truebe e Ponte Pereira do río Abuín.