Mapa de Santa Comba

Castro Boaña

Castro Boaña

Está a 380 metros de altitude, composto por un recinto de forma ovalada, rodeado en todo o seu perímetro por unha muralla, e dun antecastro polos lados N e NE.

Está a 380 metros de altitude, composto por un recinto de forma ovalada, rodeado en todo o seu perímetro por unha muralla, e dun antecastro polos lados N e NE defendido cun terraplén.

Existe folclore referente á existencia dun túnel que saía dende o castro ata o río Xallas, e tamén contan que había unha viga de ouro dende o castro ata o pozo coñecido como Pego do Louro, na confluencia de tres ríos: o Esternande, o Xallas e o Mira. Os veciños lembran que apareceran restos de muros cando se fixeran traballos.