Mapa de Santa Comba
Capilla de Nosa Señora dos Milagres
Esta capela, feita en formigón, foi levantada en 1.913 substituíndo a unha anterior localizada na Praza do Concello, na actualidade desaparecida. Da primitiva capela, que era hospital de peregrinos, só se conserva un crucifixo e unha imaxe de Santa Cataliña.
A capela ten planta rectangular dunha soa nave, que se cobre con catro tramos de bóvedas de aresta feitas sen formigón. Tralo altar maior disponse a sancristía. A iluminación resólvese mediante fiestras nos laterais.
Fachada de gran simplicidade, onde se dispón no eixo vertical unha porta con arco apuntado e un pequeno óculo con vidreira. A cornixa presenta unha decoración baseada no xogo de tramos curvos e rectos. Culmina a fachada cunha espadana de dous vaos, rematada nunha cruz. No lado norte da cabeceira atopamos un antigo transformador da luz reconvertido en pequeniño oratorio, coa imaxe da Virxe dos Milagres na parede, debuxada en azulexo.