Mapa de Santa Comba

Iglesia de San Salvador de Padreiro

Iglesia de San Salvador de Padreiro

Atopámonos fronte a unha igrexa de recente creación, xa que se rematou de construír en 1952.

Atopámonos fronte a unha igrexa de recente creación, xa que se rematou de construír o 6 de agosto de 1952. Ergueuse por iniciativa do cura párroco D. Celestino Lema Castro, xa que a vella igrexa parroquial, desgraciadamente derrubada, tiña moi pequena capacidade e se atopaba en moi malas condicións. Da vella igrexa consérvase o retablo barroco, trasladado a San Martín Pinario, en Santiago.

É un edificio de estilo ecléctico, ten planta de salón, cunha soa nave, dúas capelas laterais e a sancristía colocada tralo retablo do altar maior. O espazo interior cóbrese mediante unha bóveda de canón, feita de formigón e que presenta arcos faixóns a modo decorativo. A comunicación entre a nave e as capelas laterais é a través de arcos de medio punto. Posúe este templo 3 accesos, o central, un nun lateral da nave e o da cabeceira, que dá entrada á sancristía.

A fachada, de forma pentagonal, destaca pola súa enorme sinxeleza. Articúlase arrendo do eixe vertical, unha porta de acceso e van enmarcando por arcos de medio punto, unha pequena peaña que sostén a imaxe do santo, e unha balaustrada a modo de peche superior. Remata o conxunto un esvelto campanario de dous corpos, feito en formigón. O primeiro corpo é de planta cadrada no que se abren catro arcos de medio punto, mentres que o segundo é de planta octogonal e remate cupuliforme. No seu interior, cabe destacar o retablo.